
CEOE: confederación española de organizacións empresariais. (É unha institución española que representa a empresarios españois, integrando a empresas públicas e privadas de todos os sectores da actividade. Centra o seu labor na axuda dos empresarios en contraposición coa labor dos sindicatos.)
CIG: confederación intersindical galega. (É un sindicato de clase de Galiza, de orientación nacionalista galega, que foi fundada mediante a confederación xeral de traballadores galegos (CXTG) e intersindical nacional dos traballadores galegos (INTG).)
CUT: central unitaria de traballadores
SMI: salario mínimo interprofesional. (É o salario mínimo establecido legalmente, para cada periodo laboral, que os empleadores deben pagar ós seus traballadores polas suas labores.)
UGT: unión xeral de traballadores
CCOO: confederación sindical de comisións obreiras. (É unha confederación vinculada na súa fundación ó partido comunista de España, ainda qeu independente de calquer partido político.)
PIB: producto interno bruto. (É o valor monetarios total da producción corrente de bens e servizos dun país durante un periodo.)
IRPF: imposto sobre a renta das persoas físicas. (É un imposto persoal, progresivo e directo que grava a renda obitda nun ano natural polas persoas físcias residentes en España.)
IVE: imposto ó valor engadido. (É un imposto indirecto sobre o consumo, é dicir, financiado polo consumidor final.
O ive é percebido polo vendedor no momento de toda transacción comercial. Os vendedores intermediarios teñen dereito de facerse reembolsar o IVE que pagaron a outros vendedores que os preceden na cadea de comercialización.)
FMI: fondo monetario internacional. (Os seus obxectivos principais son a promoción de políticas sostibles a nivel internacional, facilitar o comercio internacional e reducir a pobreza.)
ETT: empresas de traballo temporal
BCE: banco central europeo. (É o banco central da moeda única europea e constituye o principal eixe do eurosistema.)
ERE: expediente de regulación do empleo. (É un procedemento contemplado na lexislación española mediante a cal unha empresa en crisis busca obter autorización para suspender ou despedir traballadores.)
TAE: tasa anual equivalente. (É unha referenza orientativa do coste real dunha inversión ou préstamo.)