sábado, 12 de diciembre de 2009

Coñecemos emprendedores. Actividade 10ª

Pois vou amosar a seguinte entrevista, que a mantiven co empresario Juan Edilberto, de TRANEXPEREZ.S.L. Atópase en Lanzós, Vilalba.
Esta empresa é do sector terciario, porque ofrece servizos a outros.
Eu: Boas tardes.
Empresario: Boas tardes.

Eu: Poderialle facer un enquisa sobre vostede e a súa empresa?

Empresario: Por suposto.

Eu:Comecemos. Que razóns o levaron a montar a súa empresa?

Empresario: Pois ben, as razóns non foron outras que tratei de montar a empresa de transporte e excavación co fin de conseguir unha melloria económica.
Eu: existen precedentes na súa familia?
Empresario: non.
Eu: que axudas e inversións precisou nun comezo?

Empresario: precisei garantias económicas para que os bancos me puideran financiar unha parte da maquinaria. Pero so tiven unhas pequenas axudas e subvencións para ir comezando pola parte dos obreiros.

Eu: onde se informou de axudas e subvencións?

Empresario: das axudas antes nomeadas informoume o xestor ó igual que das subvencións.

Eu: que situación actual ten?

Empresario: pode chegar a haber momentos nos que conste de 30 traballadores. E en canto ó traballo, pois nas épocas de inverno temos un 50% menos de traballo. A época de máis explendor por así decilo é durante a primavera e o veran.

Eu: que servizos precisa no seu desenvolvemento cotiá?
Empresario: A xestoria é o principal, a axuda dos bancos e tamén a constancia dun contable e administrativo na oficina propia.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Nanotecnoloxía. Actividade 9


- Como se chama o investigador? Javier García Martinez.


- Que é a nanotecnoloxía? campo das ciencias aplicadas dedicado ó control e a manipulación da materia a unha escala menor que un micrómetro, é dicir, a nivel de átomos e moléculas.


- Que é unha patente? é un conxunto de dereitos exclusivos garantizados por un goberno ou autoridade ó inventor dun novo produto.


- Que aplicación da nanotecnoloxía das que se citan che gustou máis? Por que? a que máis me gustou foi a de desenrolar unha base tecnolóxica nun lugar pobre, porque esas persoas que non teñen auga limpa creando esa base poderíanse crear uns filtros con poros nanométricos que deixaran limpo de impurezas.


- Destaca unha frase deste científico como se tiveras que escoller un titular para unha noticia-. A nanotecnoloxía abrenos novas oportunidades!!