RESUMO: Trata dun home chamado Preston Tucker, que tomou a decisión de
crear un coche (con gran velocidade, mellor proteción, con motor traseiro...). Primeiro creou os vocetos de todos os compoñentes de dito coche, logo expuxo a sua proposta, a cal supuxo unha gran revolta, admiración, e todo o mundo estaba esperando o gran coche.

Levarono a un xuízo os opoñentes de outras empresas acusandoio de fraude e expoñendo que utilizou coches da chatarra... Pero foi declarado inocente e amosou a todo o mundo todos os coches que tiña fabricados e levounos dar unha volta neles. Toda a xente quedouse abraiada coa comodide e a beleza deles.
OPINIÓN: Na miña opinión gustoume moito e estivo xenial. O que máis me gustou foi a capacidade que tiña Preston para crear ese coche e como sabÍa saÍr das preguntas apuradas. O gran apoio da sua familia foi tamén algo moi bon porque non todas son así.
-Cal ou cales son as claves do éxito inicial da empresa de Tucker? Pois que eran uns coches moito máis seguros, máis rápidos, máis bonitos á vista que o resto, que tiñan o maleteiro diante e o motor detrás.
-Cal era a súa idea innovadora? Conseguir crear un coche para o futuro.
-Que provoca que finalmente fracase? Realmente, na miña opinión non fracasou, porque cumpliu o seu obxectivo de crear un gran coche que foi admirado por todos e no xuízo conseguiu quedar limpo de todo o que se lle inculcaba grazas á súa habilidade de palabra, que era todo certo, tamén hai que decilo.
-Como describirías a personalidade de Preston Tucker? Un gran home moi decidido, coas ideas moi claras, que non lle ten medo a ninguén ou polo menos se o ten non o amosa. Que intenta levar a cabo o que quere por todos os medios ata que o consigue e nunca se dá por vencido. É unha boa persoa que mira moito polo ben estar da súa familia.
- Reúne as calidades necesarias para ser un bo empresario? Si.
-Que habilidades emprendedoras atopas nel? Decisión, carácter, traballador, cunha gran cabeza para pensar...