martes, 9 de marzo de 2010

Actividade 14, Novos conceptos, novas opcións

-Comercio xusto: é unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos que promoven unha relación comercial voluntaria e xusta entre productores e consumidores. Defende varios principios.

-Enerxias alternativas: son aquelas fontes de enerxía planteadas como alternativa ás tradicionais ou clásicas.

- Conciliación da vida familiar e laboral: é unha ley para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

-Dereitos dos traballadores: é o dereito que teñen todos os españois a traballar e o dereito ó traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a traves traballo e a remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e ás da súa familia, sen que en ningún caso poida facerse discriminación pola razón do sexo.



-Produción ecolóxica: é un sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma basada na organización óptima dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos de síntesis ou organismos xenéticamente modificados, nin para abono nin para combater as plagas.

-Finanzas éticas: é un proxecto da federación SETEM.
-Consumo responsable: é un concepto defendido por organización ecolóxicas, sociais e políticas que consideran que os seres humanos farían ben en cambiar os seus hábitos de consumo axustándoios ás súas necesidades reais e optando no mercado por opcións que favorezan a conservación do medio ambiente e a igualdade social.


Destas opcións as que me parecen boas son:

-a dos dereitos do traballador porque creo que toda persoa ten dereito a ter un traballo para poder manter á súa familia e as súas necesidades.


-a de producción ecolóxica porque son partidaria de que se debe intentar contaminar o mínimo posible, para ter uns climas axeitados en cada época do ano, tamén por todo o que está pasando nos polos, etc.

O resto das opcións non me parecen mal pero tampouco son da miña deboción.

lunes, 8 de marzo de 2010

Actividade 15, Traballar sós, traballara acompañados..

-Traballas mellor só ou equipo? eu á hora de facer un traballo escrito, calquera tipo de conta, pensar opcións, propostas ou calquera outro tipo de cousas prefiro traballar soa, pola miña concentración. Pero á hora de avaliar as miñas propostas necesito a xente, ou para facer algun tipo de cuestión, para conseguir algunha información que non atope, etc. é necesario traballar en equipo, pero opto polo de traballar mellor só aínda que non tería ningun tipo de problema para traballar en grupo.


-Dáseche ben cooperar? Pois claro que si, é unha das boas cousas que teño, non me gusta que me encarguen un traballo en grupo e estar mirando para o aire. Prefiro buscar información, suxerir as miñas propostas xuntos con unhas razóns polas cales serían as axeitadas, tamén facer ver a miña opinión con respecto ó traballo dos demáis.

-O meu nivel de asertividade segundo o test é de 75% sobre un máximo de 100%.
Pareceme un tanto por cento axeitado, porque eu son unha persoa que normalmente digo as cousas como son, o que penso, o que me parece, expoño as miñas ideas...
Creo que na maioría das veces é algo moi bon. Que unha persoa sexa capaz de expresarse libremente e decir todo o que pensa é o mellor que pode ter.
Por outra parte creo que moitas veces debo decir as cousas con máis coidado e non con tanta liberdade, porque non mido o mal que poida facer co que digo.
As vantaxes en equipo: pois poden ser varias, por exemplo: dividir o traballo e non agobiarse tanto como se o tiveras que facer ti todo, se hai algun tipo de gasto tamén se divide e non sae tan caro, hai moitas máis ideas, máis opinións, varios puntos de vista dos cales podes pillar un pouco de cada para o proxecto ou o traballo, pode haber un resultado moito maior ó que podería ser se é exposto só por unha persoa...

Os inconvinte poden ser: hai moitas máis discusións á hora de tomar unha decisión, é máis lento porque require máis tempo...

Clasificación de empresas segundo o seu tamaño:

-Micro empresa: se posee 10 ou menos traballadores.








-Pequena empresa: se ten un número entre 11 e 50 traballadores.







-Mediana empresa: se ten un número entre 51 e 250 traballadores.






-Gran empresa: se posee máis de 250 traballadores.







-Mega empresa: se posee ventas internacionais.