lunes, 8 de marzo de 2010

Actividade 15, Traballar sós, traballara acompañados..

-Traballas mellor só ou equipo? eu á hora de facer un traballo escrito, calquera tipo de conta, pensar opcións, propostas ou calquera outro tipo de cousas prefiro traballar soa, pola miña concentración. Pero á hora de avaliar as miñas propostas necesito a xente, ou para facer algun tipo de cuestión, para conseguir algunha información que non atope, etc. é necesario traballar en equipo, pero opto polo de traballar mellor só aínda que non tería ningun tipo de problema para traballar en grupo.


-Dáseche ben cooperar? Pois claro que si, é unha das boas cousas que teño, non me gusta que me encarguen un traballo en grupo e estar mirando para o aire. Prefiro buscar información, suxerir as miñas propostas xuntos con unhas razóns polas cales serían as axeitadas, tamén facer ver a miña opinión con respecto ó traballo dos demáis.

-O meu nivel de asertividade segundo o test é de 75% sobre un máximo de 100%.
Pareceme un tanto por cento axeitado, porque eu son unha persoa que normalmente digo as cousas como son, o que penso, o que me parece, expoño as miñas ideas...
Creo que na maioría das veces é algo moi bon. Que unha persoa sexa capaz de expresarse libremente e decir todo o que pensa é o mellor que pode ter.
Por outra parte creo que moitas veces debo decir as cousas con máis coidado e non con tanta liberdade, porque non mido o mal que poida facer co que digo.
As vantaxes en equipo: pois poden ser varias, por exemplo: dividir o traballo e non agobiarse tanto como se o tiveras que facer ti todo, se hai algun tipo de gasto tamén se divide e non sae tan caro, hai moitas máis ideas, máis opinións, varios puntos de vista dos cales podes pillar un pouco de cada para o proxecto ou o traballo, pode haber un resultado moito maior ó que podería ser se é exposto só por unha persoa...

Os inconvinte poden ser: hai moitas máis discusións á hora de tomar unha decisión, é máis lento porque require máis tempo...

Clasificación de empresas segundo o seu tamaño:

-Micro empresa: se posee 10 ou menos traballadores.








-Pequena empresa: se ten un número entre 11 e 50 traballadores.







-Mediana empresa: se ten un número entre 51 e 250 traballadores.






-Gran empresa: se posee máis de 250 traballadores.







-Mega empresa: se posee ventas internacionais.









No hay comentarios:

Publicar un comentario