- Creo que ó haber algunha saída sempre nos motiva á hora de estudar e portámonos mellor nas clases, se nos din que participemos máis no horario escolar facemos caso e intentamos facer ver ó profesorado que poden confiar en nós para ir a calquera sitio.
Nunha excursión sempre se aprenden moitas cousas ademais de saber desenvolvernos na rúa. E a xente dirá que o centro se preocupa de levarnos a lugares, ousexa, dálle máis prestixio.
- Sempre que se organiza unha excursión ou saída hai un grande número de persoas apuntadas, case todos.
- Nunha excursión sempre se leva planificado todo o que vaiamos facer, senón sería un desastre.
- En todas as excursións que se fan hai que montar unha serie de eventos onde se saca unha parte do diñeiro que se necesita: faise un festival, creanse cousas artesás como por exemplo chaveiros... e véndense e para certas excursións ponse un posto na feira do queixo. Tamén se fan rifas, hai bolígrafos... 
No hay comentarios:
Publicar un comentario