

Unhas feiras moi especiais, son: a do capón e a do queixo.
A feira do capón é o 21 de decembro, a esta feira acuden compradores procedentes dos diversos puntos da xeografía nacional coa intención de adquirir un bo exemplar de capón.
Os capóns son galos cebados con un mínimo especial durante un lolngo período de tempo, o que permiten que os animais acaden grandes dimensións e que a súa carne sexa dunha calidade excepcional.
O proceso comeza no mes de abril coa selección dos polos marelos, nacidos de ovos de galiñas do país. Ós 7 meses, en novembro encérranse nunhas xaulas de reducidas dimensións, chamadas capoeiras, e sitúanse en lugares escuros e a unha temperatura axeitada. Nelas permanecen 40 días de duración da ceba.
Na feira do Capón pódense comprar soltos ou en par. No transcurso da feira premianse ós mellores exemplares. A feira está documentada dende o ano 1838.
A feira do queixo celébrase o primeiro domingo de abril. Nesta feira participan as 8 queixerias que forman parte da denominación de orixe.
NOn me gustan as fotos ,pero nada o único que vai ben son os enlaces bastante mal
ResponderEliminar