domingo, 28 de febrero de 2010

Tomar decisións. Actividade 13

Propoño as seguintes duas opcións: Residencias da terceira idade e servizos a domicilio á terceira idade.



- A idea sería crear unha residencia da terceira idade que é para maiores de 65 anos.
Son necesarias 4 áreas diferentes: área de dirección-administración; área residencial; área de servizos xerais e área de atención especializada.

O tamaño da residencia sería dun gran tamaño residencial, ousexa, con máis de 120 prazas.
E sería unha residencia mixta, que ten prazas de válidos como de asistidos. A titulariedade destas residencias será privada.
Posto que en Vilaba hai unha soa residencia de anciáns e existe un número de persoas maiores bastante elevado.

O lugar ideal sería donde houbese campo, onde non exista un elevado ruído de coches, motos..., que haxa tranquilidade...

O máis axeitado sería que puidesen asistir non so persoas cun nivel de vida medio-alto, senón que tamén houbera axudas por parte do concello e da xunta de Galicia para que tamén entrasen anciáns cun nivel de vida máis baixo.

Os servizos básicos que prestaría esta residencia serían: aloxamento, manutención, servizo de lavandería, servizo médico as 24 horas, enfermería 24 horas tamén, rehabilitación, asistencia social, terapia ocupacional e atención psicogeriátrica.

Existiría tamén varios tipos de actividades para que pasaran o tempo, como poden ser: lugar onde xogar ás cartas, xogar á petanca, unha biblioteca para que poidan ler, traer persoas para ensinarlles a andar cun ordenador, para facer contas... e varios tipos de actividades deste estilo.
Tamén habería un xardín por onde poidan pasear e tomalo aire.
Para dar a coñecer a empresa habería que facer publicidade na prensa local e comarcal, crear páxinas web, anunciala na radio...
Ademais, os centros soen desenrolar unha imaxe corporativa mediante rótulos, tarxetas, facturas, etc. E todos co logotipo da empresa, claro está.

Para crear esta empresa necesitaria: terreos, rehabilitación de vivenda, equipos médicos e outros, gastos de establecemento e posta en marcha.


Tería tamén unhas instalacións, uns requisitos sanitarios, distribucións das habitacións, funcionamento e servizos.


As axudas para iniciar a actividade son: axudas individuais a persoas maiores, axudas a entidades de iniciativa social, axudas a concellos para servizos sociais especializados, axudas ó establecemento de empresas prestadoras de servizos á terceira idade en centros residencias aistidos, axudas á empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo.
E bastantes máis.

- A seguinte proposta é ofrecer Servizos a domicilio á terceira idade. E como na anterior proposta, nesta tamén teñen que ser a persoas maiores de 65 anos.

En función do tipo de asistencia, estos equipamentos poden ser de asistencia no centro ou de asistecia domiciliaria.

A axuda a domicilio consiste nunha serie de atencións ou coidados básicos de carácter persoal, domésticos, sociais ou sanitario co fin de facilitar a autonomía persoal e a permanencia no seu medio habitual de vida.

As actuacións básicas contempladas son as seguintes:
- Actuacións de carácter doméstico.

- Actuacións de carácter persoal.
- Actuacións de carácter educativo.

- Actuacións de carácter socio-comunitario.

- Axudas técnicas e adaptativas do fogar.
Na zona da Terra Chá so hai catro empresas privadas que se adiquen a este tipo de labores polo que tería saída, porque hai unha morea de anciáns que non queren ir para residencias, polo que sería unha gran axuda para eles á hora de axudalos a bañarse, a facela comida, facerlles a limpeza da casa, mudar de roupa e tela lista, axudarlles a ir á compra, e no caso dunha muller ou un home que teña ó seu cónxuxe postrado nunha cama ou nunha silla de rodas, axudaríaselle a facerlle todo o necesario.
Axudarlles cos medicamentos, a facer curas...
Para crear este tipo de empresa non se require moito: un espazo de 30-60 metros cadrados, un despacho, unha sala de recepción e un arquivo ou almacén.

Para dar a conocer estes servizos habería que darse a coñecer mediante a posta en contacto con persoal sanitario dos complexos hospitalarios e as traballadoras sociais, desta maneira recomendarían o centro a persoas interesadas.

En páxinas web, na xunta, etc.

Os prezos son moi variables, en función do cliente, da súa situación económica, das atencións que precise...

As partidas de inversión que require son: teléfonos móviles, vehículos, equipos informáticos, aprovisionamentos e gastos do establecemento e a posta en marcha.

O perfil profesional da empresa será de un xerente que se encargue da dirección da empresa, de aprovisionamentos e xestións. E de xerentes que serán os encargados da atención dos anciáns no seu domicilio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario