viernes, 4 de junio de 2010

Actividade 24

IPC: índice de prezos de consumo (é un índice no que se cotexan os prezos dun conxunto de productos determinado sobre a base da enquisa continua dos presupostos familiares, que unha cantidade de consumidores adquire de maneira regular, e a variación con respecto do prezo de cada un, respecto dunha mostra anterior.)
CEOE: confederación española de organizacións empresariais. (É unha institución española que representa a empresarios españois, integrando a empresas públicas e privadas de todos os sectores da actividade. Centra o seu labor na axuda dos empresarios en contraposición coa labor dos sindicatos.)
CIG: confederación intersindical galega. (É un sindicato de clase de Galiza, de orientación nacionalista galega, que foi fundada mediante a confederación xeral de traballadores galegos (CXTG) e intersindical nacional dos traballadores galegos (INTG).)
CUT: central unitaria de traballadores
SMI: salario mínimo interprofesional. (É o salario mínimo establecido legalmente, para cada periodo laboral, que os empleadores deben pagar ós seus traballadores polas suas labores.)
UGT: unión xeral de traballadores
CCOO: confederación sindical de comisións obreiras. (É unha confederación vinculada na súa fundación ó partido comunista de España, ainda qeu independente de calquer partido político.)
PIB: producto interno bruto. (É o valor monetarios total da producción corrente de bens e servizos dun país durante un periodo.)
IRPF: imposto sobre a renta das persoas físicas. (É un imposto persoal, progresivo e directo que grava a renda obitda nun ano natural polas persoas físcias residentes en España.)
IVE: imposto ó valor engadido. (É un imposto indirecto sobre o consumo, é dicir, financiado polo consumidor final.
O ive é percebido polo vendedor no momento de toda transacción comercial. Os vendedores intermediarios teñen dereito de facerse reembolsar o IVE que pagaron a outros vendedores que os preceden na cadea de comercialización.)
FMI: fondo monetario internacional. (Os seus obxectivos principais son a promoción de políticas sostibles a nivel internacional, facilitar o comercio internacional e reducir a pobreza.)
ETT: empresas de traballo temporal
BCE: banco central europeo. (É o banco central da moeda única europea e constituye o principal eixe do eurosistema.)
ERE: expediente de regulación do empleo. (É un procedemento contemplado na lexislación española mediante a cal unha empresa en crisis busca obter autorización para suspender ou despedir traballadores.)
TAE: tasa anual equivalente. (É unha referenza orientativa do coste real dunha inversión ou préstamo.)

martes, 25 de mayo de 2010

Actividade 23


Lugo, Vilalba.
It is necessary nurse work for the elderly residents of private, full day. Shifts are morning, afternoon and evening.
Salary monthly high.
The contratatc is primarily for 6 months which may become undefined.
Requirements: Diploma in academic titles ward experience.
Those interested should call the telephone 999999999 and below are listed for interview.
Thank you.

viernes, 21 de mayo de 2010

Actividade 21


A día 21 de Maio de 2010

Estimada concelleira de formación ocupacional e emprego:

Son a administradora e a xerente da empresa ESDICAR e escribolle esta carta para pedirlle axuda económica, subvencións ou calquera tipo de axuda para a miña empresa.

A continuación voulle describir de que trata máis ou menos e logo dunha resposta da súa parte adxuntareille a información que vostede requira.
É unha empresa da terceira idade, de gran tamaño e que consta de 300 prazas.
Terá un elevado número de traballadores adicados a diversos tipos de enfermidades, tamén coidadores, enfermeiras/os...
Constará de varios lugares de entretementos como: cafetaría, biblioteca, salóns, ximnasio...
Nos cales os anciáns farán unha serie de actividades para a súa memoria, para as súas recuperacións terapéuticas...

Deixolle o meu correo electrónico e máis o meu teléfono de contacto:
-666666666
Se me puidera prestar a súa axuda agradeceríallo.
Un cordial saúdo.
Estefanía


jueves, 13 de mayo de 2010

Actividade 21. Obxectivos.


Dous obxectivos cuantitativos:

* O ideal sería obter o primeiro ano un numero elevado de pacientes, como a metade dos que caben ou algo menos.

* Outro obxectivo sería ir obtendo ganancias, para igualar pouco a pouco os cartos que se invertiron.


Dous obxectivos cualitativos:

* Conseguir co tempo que a xente teña unha confianza plena nos servizos que ofrezco e asi poder ir gañando cada vez máis pacientes e obter asi máis beneficios.

* Ter unha boa imaxe ante todos os cidadáns, e conseguir espandir os meus servizos por varios sitios.

viernes, 30 de abril de 2010

Curriculum para a empresa de Borja S.L, actividade 20

DATOS PERSOAIS


DATOS BÁSICOS:

Nome e apelidos: ESTEFANIA DIAZ CARBALLEIRA
NIF: 76582097-D
Nacionalidade: Española
Data de nacemento: 19/08/1994
Poboación nacemento: VILALBA
Domicilio: AD/REDONDO-LANZOS Nº5
Código postal: 27816
Concello: VILALBA
Teléfono do domicilio: 982525798
Teléfono de contacto: 650438922



SITUACIÓN LABORAL

Situación laboral: Non perceptor de prestacións de paro
Num. Seg. Social: 55.555555-5

FORMACIÓN

Nivel académico:Bacharelato. Licenciada en administración e dirección de empresas
Acreditación: Título orixinal

IDIOMAS
Galego, nivel alto, escritura alta, lectura alta, conversac.alta, traducción alta.
Castelán, nivel alto, escritura alta, lectura alta, conversac. alta, traducción alta.
Inglés, nivel medio, escritura media, lectura media, conversac. media, traducción media.

EXPERIENCIA PROFESIONAL

Empresa: Urbo moda
Tipo de empresa: Pequena
Sector/ Actividade: Tenda de roupa

CNAE:
Traballo realizado: Dependenta
Cargo ocupado: Administradora
Traballo con esforzo físico: Non
Traballo cara ó público: Si
Data de alta na empresa: 8/06/2009
Data de baixa: 18/12/2009
Motivo da baixa: Fin do contrato

COÑECEMENTOS E HABILIDADES

Coñecementos adquiridos: Todo o relacionado coa administración dunha empresa de roupa.
CARNES PROFESIONAIS
Acr.(*)--5
Permiso--B1
Tipo de vehículo que posúe: Coche

SOLICITUDES DE EMPREGOS

Emprego: Dependente en xeral
Nivel profesional: Administrativa
Niveis inferiores admisibles: 0
Anos de experiencia: 0


DISPONIBILIDADE CONTRACTUAL: TIPOS DE CONTRATOS QUE ACEPTA

Con ETT: aceptaria contratos con Ett
Varios: indiferente
Incentivados, tempo indefinido: Non cumpre ningun requisito deste grupo
Incentivados, temporais: Non cumpre ningun requisito deste grupo.
En prácticas: Non acepta traballo en prácticas
De aprendizaxe: Non acepta contrato de traballo de aprendizaxe
Contrato mercantil/ laboral: Acepta contrato laboral, non contrato mercantil
Bolsas: Non acepta ningun tipo de bolsa
Incorporación: Incorporación inmediata
Xornada: Indiferente
Turno: indiferente
Proximidade demográfica ó lugar do traballo: Ámbito restrinxido
Retribución mínima anual (bruto): 15.500
Disponibilidade para viaxar: Indiferente
Medio de transporte: Indiferente
Aceptaría traballo esforzo físico? Si
Aceptaría traballo de atención ó público? SI

jueves, 22 de abril de 2010

Actividade 18, Contratación de persoal

Lugo, Vilalba.
Necesítase enfermeira/o para traballo en residencia de terceira idade privada, xornada completa. Os turnos son de mañá, tarde e noite.
Soldo mensual elevado.
O contratato é primeiramente durante 6 meses despois dos cales pode chegar a ser indefinido.
Requisitos: titulación académica diplomado en enfermeiria, experiencia.
Os interesados deben chamar ó teléfono 999999999 e seguidamente serán citados para a súa entrevista. Grazas.


10 empregos máis solicitados:

1.-Camareiro


2.-Periodismo



3.-Esteticien



4.-Comercial



5.-Profesor

6.-Fisoterapeuta















jueves, 15 de abril de 2010

Actividade 17..Inventos e Inventores


Xadrez: Sisa
Alfabeto morse: Samuel Morse
Autoxiro: Juan de la Cierva
Lámpada incandescente: Thomas Edison
Calculadora:Blaise Pascal
Cine sonoro: Auguste Lacoste
Dinamita: Alfredo Nóbel
Escritura para cegos:Louise Braille
Guillotina:Joseph Guillotín
Imprenta: Gutemberg
Máquinas voadoras: Leonardo da Vinci
Pararraios:Benjamin Franklin
Pila eléctrica: Alejandro Volta
Radio:Gugliermo Marconi
Raios X:Roentgen
Sobre: Brewer
Submarino: Isaac Peral
Teléfono: Alexander Bell
Telescopio: Galileo Galilei
Termómetro de mercurio: Daniel Fahrenheit
Termómetro en graos centígrados: Anders Celsius

martes, 6 de abril de 2010

Actividade 16, Poñerse en marcha

Despois de pensalo e de observar as opcións decidin que crearia a empresa da residencia da terceira idade, porque a xente maior necesita un sitio ó que acudir en caso de que se vexa moi so ou esteña moi enfermo, tamén é un lugar onde os fillos que por motivos de traballo ou outros motivos persoais poden levar ós anciáns para que os atendan.




En primeiro lugar, para crear esta empresa teria que ir ó rexistro mercantil central para a solicitude e a obtención de certificación negativa de denominación.
Teria que ir a unha notaria para obter a escritura pública da constitución.
Tamén teria que ir a facenda pola obtención do C.I.F. provisional, pola declaración do comezo da actividade, a autoliquidación ITP e AJD e por último a alta en IAE.
Logo teria que ir ó rexistro mercantil de domicilio social para a inscripción da escritura de constitución.
O seguinte paso sería volver á facenda pola obtención do C.I.F. definitivo.
Despois tería que ir á tesoureria xeral da seguridade social para a inscripción da empresa na seguridade social, a alta no réxime xeral/autónomos de traballadores e por último neste lugar ir a oficina de empleo-presentación contratos de traballadores.
E por último para obter todos os permisos e todos os papeis necesarios para a posta en marcha desta empresa tería que ir ó concello para obter a licencia de obras e a licencia da actividade.
Logo para a constitución e adopción de personalidade xurídica:
- Empresarios individuais, como sería neste caso: é necesario o DNI e o CIF.
- Comunidade de bens: DNI dos promotores, contrato privado de constitución, CIF propio da comunidade de bens e a liquidación do ITP sobre aportación de bens ó tipo impositivo do 1%.
Nunha forma máis sinxela de entender:

-Introducción
-Os promotores

-Plan xeral da empresa

-Presentación dos promotores.

-Definición da estratexia competitiva.

-Elección do nome e logotipo.

-Estudo da viabilidade da creacción da empresa.

-Legalización da empresa.

-Localización da empresa.

-Área de organización e recursos humanos.

-Área comercial.
-Área de aprovisionamento e producción.

-Área económica-financieira.

Agora vou explicar o que seria necesario para a miña empresa:
En primeiro lugar unha zona moi extensa para crear a empresa, no que haberia: un gran edificio no que estarían as habitacións dos anciáns, divididas á súa vez nunha parte, estarían os máis enfermos, os que necesitarían atencións médicas máis a miudo e que estiveran peor, e na outra parte estarían os anciáns que máis ou menos se defenden por si mesmos e que nn teñen enfermidades como alceimer, ou outro tipo de deficiencia mental.
As habitación serían para os enfermos individuais, e para os que están ben, haberíaias dobles ou individuais. E constarián de tele, unha ventá pola cal se poidera observar a paisaxe, un armario para cada ancián, unhas sillas ó redor dunha mesa, unha mesa de noite para cada un e deixaríaselles colocar algunha planta a quen quixera.
Habería en cada planta no pasillo, un lugar con sillóns e unha mesa grande para que os anciáns poideran estar alí xogando as cartas, escribindo, lendo, etc...

Cada habitación constará dun baño que ten ducha, lavabo, bater, vide e cun armario para poñer as cousas da hixiene persoal.


Constaria de 300 prazas, habería dous ascensores e tamén escaleiras.
Sería un edificio de 6 plantas adicadas ós anciáns, con 50 persoas en cada unha, nas 3 primeiras estarían os enfermos e nas 3 últimas os anciáns que están ben.
Habería unha planta baixa na que estaría a recepción para os clientes, un despacho para o director, unha cafeteria na que os anciáns poden pasar o tempo cos familiares ou amigos que os visiten e incluso co resto dos anciáns, haberia tamén un lugar dedicado ós entretementos, con mesas para as cartas, con algúns ordenadores, cuns sofás para que poidan falar, ler, mirar a tele, escoitala radio, coser, etc.
Tamén habería unha habitación para os médicos, os empleados en xeral, donde poderian charlar e facer os seus descansos, donde terian os historiais dos pacentes, as menciñas, e todo o necesario para o seu traballo, e estaría integrado con 2 baños, un para homes e outro para mulleres e nos cales haberia algunhas duchas.
Habería un cuarto que estaría sempre pechado, no que estarían todos os productos de limpeza que utilizan as persoas de limpeza.
E noutro lugar estaría a biblioteca para estar lendo libros sen ruido.
Tamén habería habitacións para os psicólogos, un ximnasio para fisoterapeutas...
E noutro lugar estaría o comedor a donde acudirán todos os anciáns excepto os que non poidan.
En todo o edificio estaría instalada unha calefacción eléctrica, e tamén haberá calefacción climatizada para todo o verán poñer aire frio se fai moita calor.
Na parte de fora habería un cesped, ben cortadiño para que os anciáns poidan pasear, con plantas, árbores, fontes, algunha figuriña, bancos, e haberá unha terraza con mesas e sillas.
E estaria todo o campo cerrado cun muro de pedra e con rexas bonitas. (estilo das que se poñen nas casas). E por fora do cerre habería un aparcadoiro para os coches dos empregados e dos visitantes.
Máis ou menos vai explicado como será a empresa. Agora vou facer un balance do que vai costar e dos empregados que necesita.
Empregados: 2 recepcionistas, 1director, 1 xerente, 4 cociñeiros, 5 limpiadores, 10 cuidadores, 5 médicos, 10 enfermeiras, 3 fisoterapeutas, 1 psicólogo.
Custos:
Recepcionistas:
Xerente:
Cocineros: 1000€ x 4 = 4000€
Limpiadores: 1000€ x 5 = 5000€

Cuidadore: 1200€ x 10 = 12000€
Medicos: 4100€ x 5 = 20500 €

Enfermeiras: 1800€ x 10= 18000€

Fisoterapeutas: 1040€ x 3=3120€

Psicólogo: 1400€

martes, 9 de marzo de 2010

Actividade 14, Novos conceptos, novas opcións

-Comercio xusto: é unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións, por Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos que promoven unha relación comercial voluntaria e xusta entre productores e consumidores. Defende varios principios.

-Enerxias alternativas: son aquelas fontes de enerxía planteadas como alternativa ás tradicionais ou clásicas.

- Conciliación da vida familiar e laboral: é unha ley para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

-Dereitos dos traballadores: é o dereito que teñen todos os españois a traballar e o dereito ó traballo, á libre elección de profesión ou oficio, á promoción a traves traballo e a remuneración suficiente para satisfacer as súas necesidades e ás da súa familia, sen que en ningún caso poida facerse discriminación pola razón do sexo.



-Produción ecolóxica: é un sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma basada na organización óptima dos recursos naturais, sen empregar produtos químicos de síntesis ou organismos xenéticamente modificados, nin para abono nin para combater as plagas.

-Finanzas éticas: é un proxecto da federación SETEM.
-Consumo responsable: é un concepto defendido por organización ecolóxicas, sociais e políticas que consideran que os seres humanos farían ben en cambiar os seus hábitos de consumo axustándoios ás súas necesidades reais e optando no mercado por opcións que favorezan a conservación do medio ambiente e a igualdade social.


Destas opcións as que me parecen boas son:

-a dos dereitos do traballador porque creo que toda persoa ten dereito a ter un traballo para poder manter á súa familia e as súas necesidades.


-a de producción ecolóxica porque son partidaria de que se debe intentar contaminar o mínimo posible, para ter uns climas axeitados en cada época do ano, tamén por todo o que está pasando nos polos, etc.

O resto das opcións non me parecen mal pero tampouco son da miña deboción.

lunes, 8 de marzo de 2010

Actividade 15, Traballar sós, traballara acompañados..

-Traballas mellor só ou equipo? eu á hora de facer un traballo escrito, calquera tipo de conta, pensar opcións, propostas ou calquera outro tipo de cousas prefiro traballar soa, pola miña concentración. Pero á hora de avaliar as miñas propostas necesito a xente, ou para facer algun tipo de cuestión, para conseguir algunha información que non atope, etc. é necesario traballar en equipo, pero opto polo de traballar mellor só aínda que non tería ningun tipo de problema para traballar en grupo.


-Dáseche ben cooperar? Pois claro que si, é unha das boas cousas que teño, non me gusta que me encarguen un traballo en grupo e estar mirando para o aire. Prefiro buscar información, suxerir as miñas propostas xuntos con unhas razóns polas cales serían as axeitadas, tamén facer ver a miña opinión con respecto ó traballo dos demáis.

-O meu nivel de asertividade segundo o test é de 75% sobre un máximo de 100%.
Pareceme un tanto por cento axeitado, porque eu son unha persoa que normalmente digo as cousas como son, o que penso, o que me parece, expoño as miñas ideas...
Creo que na maioría das veces é algo moi bon. Que unha persoa sexa capaz de expresarse libremente e decir todo o que pensa é o mellor que pode ter.
Por outra parte creo que moitas veces debo decir as cousas con máis coidado e non con tanta liberdade, porque non mido o mal que poida facer co que digo.
As vantaxes en equipo: pois poden ser varias, por exemplo: dividir o traballo e non agobiarse tanto como se o tiveras que facer ti todo, se hai algun tipo de gasto tamén se divide e non sae tan caro, hai moitas máis ideas, máis opinións, varios puntos de vista dos cales podes pillar un pouco de cada para o proxecto ou o traballo, pode haber un resultado moito maior ó que podería ser se é exposto só por unha persoa...

Os inconvinte poden ser: hai moitas máis discusións á hora de tomar unha decisión, é máis lento porque require máis tempo...

Clasificación de empresas segundo o seu tamaño:

-Micro empresa: se posee 10 ou menos traballadores.








-Pequena empresa: se ten un número entre 11 e 50 traballadores.







-Mediana empresa: se ten un número entre 51 e 250 traballadores.






-Gran empresa: se posee máis de 250 traballadores.







-Mega empresa: se posee ventas internacionais.









domingo, 28 de febrero de 2010

Tomar decisións. Actividade 13

Propoño as seguintes duas opcións: Residencias da terceira idade e servizos a domicilio á terceira idade.



- A idea sería crear unha residencia da terceira idade que é para maiores de 65 anos.
Son necesarias 4 áreas diferentes: área de dirección-administración; área residencial; área de servizos xerais e área de atención especializada.

O tamaño da residencia sería dun gran tamaño residencial, ousexa, con máis de 120 prazas.
E sería unha residencia mixta, que ten prazas de válidos como de asistidos. A titulariedade destas residencias será privada.
Posto que en Vilaba hai unha soa residencia de anciáns e existe un número de persoas maiores bastante elevado.

O lugar ideal sería donde houbese campo, onde non exista un elevado ruído de coches, motos..., que haxa tranquilidade...

O máis axeitado sería que puidesen asistir non so persoas cun nivel de vida medio-alto, senón que tamén houbera axudas por parte do concello e da xunta de Galicia para que tamén entrasen anciáns cun nivel de vida máis baixo.

Os servizos básicos que prestaría esta residencia serían: aloxamento, manutención, servizo de lavandería, servizo médico as 24 horas, enfermería 24 horas tamén, rehabilitación, asistencia social, terapia ocupacional e atención psicogeriátrica.

Existiría tamén varios tipos de actividades para que pasaran o tempo, como poden ser: lugar onde xogar ás cartas, xogar á petanca, unha biblioteca para que poidan ler, traer persoas para ensinarlles a andar cun ordenador, para facer contas... e varios tipos de actividades deste estilo.
Tamén habería un xardín por onde poidan pasear e tomalo aire.
Para dar a coñecer a empresa habería que facer publicidade na prensa local e comarcal, crear páxinas web, anunciala na radio...
Ademais, os centros soen desenrolar unha imaxe corporativa mediante rótulos, tarxetas, facturas, etc. E todos co logotipo da empresa, claro está.

Para crear esta empresa necesitaria: terreos, rehabilitación de vivenda, equipos médicos e outros, gastos de establecemento e posta en marcha.


Tería tamén unhas instalacións, uns requisitos sanitarios, distribucións das habitacións, funcionamento e servizos.


As axudas para iniciar a actividade son: axudas individuais a persoas maiores, axudas a entidades de iniciativa social, axudas a concellos para servizos sociais especializados, axudas ó establecemento de empresas prestadoras de servizos á terceira idade en centros residencias aistidos, axudas á empresarios sen asalariados pola contratación do seu primeiro traballador fixo.
E bastantes máis.

- A seguinte proposta é ofrecer Servizos a domicilio á terceira idade. E como na anterior proposta, nesta tamén teñen que ser a persoas maiores de 65 anos.

En función do tipo de asistencia, estos equipamentos poden ser de asistencia no centro ou de asistecia domiciliaria.

A axuda a domicilio consiste nunha serie de atencións ou coidados básicos de carácter persoal, domésticos, sociais ou sanitario co fin de facilitar a autonomía persoal e a permanencia no seu medio habitual de vida.

As actuacións básicas contempladas son as seguintes:
- Actuacións de carácter doméstico.

- Actuacións de carácter persoal.
- Actuacións de carácter educativo.

- Actuacións de carácter socio-comunitario.

- Axudas técnicas e adaptativas do fogar.
Na zona da Terra Chá so hai catro empresas privadas que se adiquen a este tipo de labores polo que tería saída, porque hai unha morea de anciáns que non queren ir para residencias, polo que sería unha gran axuda para eles á hora de axudalos a bañarse, a facela comida, facerlles a limpeza da casa, mudar de roupa e tela lista, axudarlles a ir á compra, e no caso dunha muller ou un home que teña ó seu cónxuxe postrado nunha cama ou nunha silla de rodas, axudaríaselle a facerlle todo o necesario.
Axudarlles cos medicamentos, a facer curas...
Para crear este tipo de empresa non se require moito: un espazo de 30-60 metros cadrados, un despacho, unha sala de recepción e un arquivo ou almacén.

Para dar a conocer estes servizos habería que darse a coñecer mediante a posta en contacto con persoal sanitario dos complexos hospitalarios e as traballadoras sociais, desta maneira recomendarían o centro a persoas interesadas.

En páxinas web, na xunta, etc.

Os prezos son moi variables, en función do cliente, da súa situación económica, das atencións que precise...

As partidas de inversión que require son: teléfonos móviles, vehículos, equipos informáticos, aprovisionamentos e gastos do establecemento e a posta en marcha.

O perfil profesional da empresa será de un xerente que se encargue da dirección da empresa, de aprovisionamentos e xestións. E de xerentes que serán os encargados da atención dos anciáns no seu domicilio.


jueves, 18 de febrero de 2010

Actividade nº 12...Avaliar ideas.






- Que opinión che merecen estas ideas? Pois eu penso que para sacar a diante unha empresa, da igual do que sexa, porque aínda que haxa varias que se dediquen ó mesmo, ti o que tes que facer é intentar sobresaír por encima de todas as outras. Entonces, creo que estar pensando en cambiar o tipo de negocio e tal non me parece o axeitado, polo que non me gustan a maioría destas ideas.

As que máis me gustan son: a de productos artesanais, pero modificandoia, ousexa, traer productos artesanais pero tampouco concentrarse neles sos. Tamén hai que pensar en opcións como: axudarlle a levar a compra á casa ós maiores, cambiar o deseño da tenda.

Pero o resto, ousexa, cambiar o negocio non.

-Cales cres que son as máis fáciles de poñer en práctica? A de axudarlle ós maiores a levar a compra á casa e cambiar o deseño do establecemento.

-Que aspecto terías en conta á hora de avaliar estas ideas? Pois o principal sería pensar que a idea que vas levar a cabo sexa eficaz para o negocio. Tamén habería que mirar o presuposto que hai e dentro del e intentar facer o máis axeitado, coñecendo un pouco como é a xente do lugar onde está a empresa, que productos e por exemplo que deseño sería o ideal.

-Que outras ideas se che ocorren para mellorar? Cambiar o deseño do local, pero non con cores moi chamativas, ter productos moi variados e modernos, ter un bon servizo, ter uns carros para a compra axeidados para todo tipo de xente, que as estanterías non esteñan moi altas, que haxa limpeza...

jueves, 28 de enero de 2010

Tucker

RESUMO: Trata dun home chamado Preston Tucker, que tomou a decisión de crear un coche (con gran velocidade, mellor proteción, con motor traseiro...). Primeiro creou os vocetos de todos os compoñentes de dito coche, logo expuxo a sua proposta, a cal supuxo unha gran revolta, admiración, e todo o mundo estaba esperando o gran coche.
Levarono a un xuízo os opoñentes de outras empresas acusandoio de fraude e expoñendo que utilizou coches da chatarra... Pero foi declarado inocente e amosou a todo o mundo todos os coches que tiña fabricados e levounos dar unha volta neles. Toda a xente quedouse abraiada coa comodide e a beleza deles.




OPINIÓN: Na miña opinión gustoume moito e estivo xenial. O que máis me gustou foi a capacidade que tiña Preston para crear ese coche e como sabÍa saÍr das preguntas apuradas. O gran apoio da sua familia foi tamén algo moi bon porque non todas son así.


-Cal ou cales son as claves do éxito inicial da empresa de Tucker? Pois que eran uns coches moito máis seguros, máis rápidos, máis bonitos á vista que o resto, que tiñan o maleteiro diante e o motor detrás.
-Cal era a súa idea innovadora? Conseguir crear un coche para o futuro.

-Que provoca que finalmente fracase? Realmente, na miña opinión non fracasou, porque cumpliu o seu obxectivo de crear un gran coche que foi admirado por todos e no xuízo conseguiu quedar limpo de todo o que se lle inculcaba grazas á súa habilidade de palabra, que era todo certo, tamén hai que decilo.

-Como describirías a personalidade de Preston Tucker? Un gran home moi decidido, coas ideas moi claras, que non lle ten medo a ninguén ou polo menos se o ten non o amosa. Que intenta levar a cabo o que quere por todos os medios ata que o consigue e nunca se dá por vencido. É unha boa persoa que mira moito polo ben estar da súa familia.

- Reúne as calidades necesarias para ser un bo empresario? Si.

-Que habilidades emprendedoras atopas nel? Decisión, carácter, traballador, cunha gran cabeza para pensar...